O día 31 de agosto comezou por fin a nosa aventura!
Reunímonos ás 6:30 da mañá no instituto para coller o autobús que nos levaría ao Aeroporto de Santiago de Compostela. Despois de moitos bicos e abrazos, comezamos o noso camiño. Ao chegar a Santiago, facturamos as nosas maletas e recollemos os nosos billetes de avión no mostrador.
Sen embargo, non todo ía ser bó xa que, por problemas loxísticos, saímos de Santiago tres horas máis tarde do esperado, polo que tivemos tempo de abondo para desaiunar e explorar o aeroporto.
Unha vez xa de camiño a terras americanas, tivemos unhas marabillosas sete horas para ver películas, ler e falar cos compañeiros e compañeiras sobre a experiencia que estamos a punto de comezar.
Chegamos ao aeroporto Newark Liberty ás 3 da tarde hora americana, onde nos estaban a esperar as nosas familias anfitrionas. Tras un longo día de viaxe, moitos estabamos moi cansos, pero todavía tivemos enerxía para facer algún que outro plan e comezar a familiarizarnos co país que nos acollerá durante as próximas dúas semanas.


















.jpeg)




No hay comentarios:
Publicar un comentario