Hoxe, día 2 de setembro, foi o primeiro día de clase para o alumnado americano. Moitos estaban moi nerviosos por ver o instituto, e aproveitaron para facelo ás primeiras horas da mañá. Pronto averiguaron que a Newark Academy ten unha seguridade moi estricta, polo que nos deron unhas tarxetas que nos identifican como alumnado estranxeiro, para non ter problemas á hora de entrar aos edificios do instituto.
Ademáis, hoxe os alumnos e alumnas fixeron as súas primeiras entregas dos seus diarios de viaxe. Os diarios de viaxe teñen varias funcións: que practiquen a súa expresión escrita, así como que teñan un recordo desta experiencia inolvidable.
Despois de reunirnos no instituto, subimos no autobús que nos levou á Westpoint Military Academy. Esta é unha das institucións militares máis importantes dos Estados Unidos. O lugar tivo un papel fundamental durante a Guerra de Independencia, xa que a súa posición estratéxica sobre o río Hudson permitía controlar o paso das tropas e dos barcos británicos. George Washington considerábao un dos puntos máis importantes para a defensa do país e, en 1778, construíronse alí importantes fortificacións e unha gran cadea de ferro para bloquear o río. A Academia Militar de West Point foi creada oficialmente en 1802 e, na actualidade, os cadetes estudan, adestran e prepáranse para converterse en oficiais do Exército dos Estados Unidos.
A formación dura aproximadamente catro anos e combina estudos universitarios, instrución militar, preparación física e formación en liderado. Todos os cadetes cursan un amplo programa académico común e posteriormente escollen unha especialidade ou major. Ao rematar os seus estudos, obteñen un Bachelor of Science e pasan a formar parte do Exército dos Estados Unidos como oficiais. Así, West Point combina a formación académica propia dunha universidade coa preparación necesaria para exercer responsabilidades de liderado militar.
A Cadet Chapel (Capilla dos Cadetes) conta có órgano máis grande do mundo nun edificio relixioso. Úsase principalmente para culto protestante, e é a máis grande da base militar.
A base está situada gardando a desembocadura do río Hudson, un punto estratéxico vital para o control do continente na Guerra de Independencia.
Durante a guerra, o exército americano instalou unha cadena de lado a lado do río, para evitar o paso de barcos enemigos. Hoxe en día, gárdase parte de ese instrumento como recordo da victoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario