jueves, 3 de septiembre de 2026

DAY 4: September 3rd

Hoxe, día 3 de setembro, foi o noso primeiro día visitando a gran mazá como grupo. 

Despois de reunirnos na Newark Academy e recibir a boa nova de que algunhas das nosas maletas comezaran a chegar, subimos ao autobús para dirixirnos a Nova York.

A nosa primeira parada foi o Metropolitan Museum of Art, coñecido como The Met, é un dos museos de arte máis importantes e visitados do mundo. A súa colección reúne máis de dous millóns de obras procedentes de diferentes épocas e culturas, desde o antigo Exipto ata a arte contemporánea. Durante a visita puidemos descubrir algunhas das súas salas e achegarnos á historia da arte dunha maneira moi especial.



O grupo, nas famosas escaleiras do MET.











Despois desta visita, aproveitamos a súa proximidade para adentrarnos en Central Park, o gran pulmón verde de Nova York. Este enorme parque ocupa máis de 340 hectáreas no corazón de Manhattan e ofrece un contraste espectacular cos rañaceos que o rodean. Ao longo do paseo puidemos descubrir lagos, pontes, xardíns e diferentes espazos naturais que fan deste lugar un dos puntos máis emblemáticos da cidade.

Ao sair deste famoso parque, continuamos o noso paseo pola Quinta Avenida (Fifth Avenue), unha das rúas máis famosas de Nova York que atravesa Manhattan de norte a sur. Ao longo dela atopamos tendas de grandes marcas, edificios históricos e algúns dos lugares máis coñecidos da cidade. 

Unha das cousas máis impresionantes desta avenida é a Catedral de San Patricio, unha impresionante igrexa de estilo neogótico situada xusto fronte ao Rockefeller Center. Foi construída no século XIX e destaca polas súas altas torres, os seus arcos e os seus grandes vitrais. A súa presenza no medio dos modernos rañaceos de Manhattan crea unha imaxe realmente espectacular.

Enfrente da catedral puidemos ver o Rockefeller Center, un dos complexos máis famosos de Nova York. Construído durante a década de 1930, reúne edificios, tendas, restaurantes e espazos públicos no corazón de Manhattan. É especialmente coñecido pola súa famosa pista de xeo e pola enorme árbore de Nadal que se instala cada inverno. 








Ao final do día, regresamos ao instituto para reunirnos coas nosas familias anfitrionas e disfrutar do resto da tarde. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

DAYS 13 AND 14: September 12th and 13th

 Toda experiencia chega ao seu fin! Este foi o noso último fin de semana en terras americanas.  O sábado foi un día de familias, no que moit...