sábado, 5 de septiembre de 2026

DAY 5: September 4th

 Bo día a todos! Venres 4 de setembro, último día de excursións desta primeira semana por Estados Unidos. 

Hoxe, montamos no autobús para poñernos rumbo a Nova York e visitar lugares que, aínda que menos turísticos, ofrecen unha vista diferente e menos abarrotada da cidade. 

En primeiro lugar fomos a The High Line, que é un dos lugares máis orixinais de Nova York. Trátase dun antigo trazado ferroviario elevado que foi transformado nun parque público. Ao longo do percorrido pódense ver xardíns, obras de arte e fermosas vistas dos edificios de Manhattan. É un exemplo de como un antigo espazo industrial pode converterse nun lugar para pasear, descansar e gozar da natureza no medio da cidade.







De ahí, dirixímonos ao Meatpacking District, un barrio situado ao sur de Manhattan que ten unha historia moi ligada á industria da carne. Antigamente estaba cheo de matadoiros e almacéns, pero co paso do tempo transformouse nunha das zonas máis modernas e animadas da cidade. Hoxe combina edificios históricos, rúas empedradas, tendas, restaurantes e espazos culturais, mantendo ao mesmo tempo parte do seu carácter industrial.

Dentro deste barrio está o Chelsea Market, un antigo edificio industrial que fabricaba as famosas galletas Oreo, convertido hoxe nun enorme mercado gastronómico. No seu interior atopamos postos de comida de moitos lugares do mundo e tivemos a oportunidade de probar diferentes pratos e doces. 🍩 Comemos doughnuts, Fat Witch brownies, sushi e tacos, así que foi tamén unha pequena viaxe gastronómica sen saír de Nova York.




















Acabamos o percorrido en Washington Square Park, un dos parques máis coñecidos de Greenwich Village e un dos lugares máis emblemáticos de Nova York. No centro destaca o seu famoso arco, construído para conmemorar o centenario da inauguración de George Washington como presidente dos Estados Unidos. O parque é tamén un punto de encontro para estudantes, músicos, artistas e habitantes da cidade, polo que sempre hai moito ambiente, xa que é parte do campos da New York University (NYU), unha das universidades máis prestixiosas dos Estados Unidos. A diferenza doutras universidades, NYU non ten un campus pechado tradicional, senón que os seus edificios están integrados nas rúas de Manhattan.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

DAYS 13 AND 14: September 12th and 13th

 Toda experiencia chega ao seu fin! Este foi o noso último fin de semana en terras americanas.  O sábado foi un día de familias, no que moit...