lunes, 7 de septiembre de 2026

DAY 8: September 7th


 Happy Labor Day! 

O Labor Day celébrase nos Estados Unidos a primeira luns de setembro e é unha festa dedicada a homenaxear os traballadores e o seu papel no desenvolvemento do país. A súa orixe está relacionada co movemento obreiro de finais do século XIX, cando os traballadores comezaron a reclamar mellores condicións laborais, xornadas máis curtas e salarios xustos.

A primeira celebración oficial tivo lugar en 1882, en Nova York, e co paso dos anos a festividade estendeuse por todo o país. En 1894, o presidente Grover Cleveland converteu o Labor Day en festivo federal.

Hoxe é unha xornada festiva que marca tamén o final simbólico do verán. Moitas familias aproveitan a ponte para facer viaxes, organizar churrascadas, pasar tempo ao aire libre ou simplemente descansar. Para nós, vivir estes días nos Estados Unidos permitiunos coñecer de primeira man unha das celebracións máis importantes do calendario estadounidense.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario

DAYS 13 AND 14: September 12th and 13th

 Toda experiencia chega ao seu fin! Este foi o noso último fin de semana en terras americanas.  O sábado foi un día de familias, no que moit...