Comezamos nova semana a golpe de martes! Como onte foi festivo, hoxe é o noso primeiro día de volta ás actividades culturales.
Hoxe chegamos ao instituto á hora de sempre para poñernos rumbo a Nova York e facer unha das visitas que o grupo máis aprecia: o Museo de Historia Natural. É un dos museos máis importantes e coñecidos de Nova York. Fundado en 1869, está situado xunto a Central Park e conta con numerosas exposicións dedicadas á natureza, á ciencia e á historia da humanidade.
Durante a visita puidemos descubrir como evolucionaron os seres vivos e coñecer diferentes especies de animais, tanto actuais como prehistóricas. Unha das partes máis impresionantes foi a colección de dinosauros, con enormes esqueletos e fósiles que nos permitiron achegarnos á vida na Terra hai millóns de anos.
Tamén aprendemos sobre o universo, os planetas, os océanos e as diferentes culturas humanas. Sen dúbida, foi unha visita moi interesante porque nos permitiu aprender ciencia e historia dun xeito visual e divertido, ao mesmo tempo que descubrimos outro dos lugares máis emblemáticos de Nova York.
Despois, tivemos tempo para explorar a parte de Central Park que non puidemos ver a semana pasada dunha forma más relaxada, e comemos alí facendo un picnic para regresar ao instituto máis tarde. Aproveitamos para ver o Edificio Dakota, no cal John Lennon viviu e foi asesinado en 1980, e tamén o memorial que lle fixeron a este artista no parque.

.jpeg)
.jpeg)







.jpeg)





No hay comentarios:
Publicar un comentario